Unha charla-obradoiro con animais vivos

Para conmemorar o Día Internacional das Fragas

O Aquarium Finisterrae organiza unha actividade para afondar no coñecemento da biodiversidade dos artrópodos. Insectos en terra e crustáceos no mar son os grupos animais que mostran unha maior biodiversidade.

Trátase dunha actividade para coñecer de cerca unha mostra da enorme variedade dos invertebrados máis sorprendentes que poboan as fragas do noso planeta. Poderase descubrir en vivo e en directo diferentes aspectos da bioloxía de especies como escorpións, milpés xigante, escaravello goliat, migalas, bolboretas xigantes, insecto folla, insectos pau, cangrexo ermitaño das fragas, etc.

A actividade realizarase na Sala Cornide do acuario e ofrece 25 prazas en cada xornada, só para maiores de 7 anos. Estará atendida por Miguel Santamaría, biólogo e divulgador científico.

É necesario reservar a entrada, que se abonará no momento de acceder á recepción do acuario.

Dúas xornadas: Sábado e domingo pola mañá, de 12:00 a 14:00 horas

Elija la fecha para comprar un ticket

Fechas
Calendar
Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Domingo