Trilitrate estará no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña dentro da Romaría de Santa Margarida 2024. Unha banda que somete cada nota a un rigoroso proceso de destilación, disolución e combinación das súas influencias, desdebuxando as liñas existentes entre o clásico, a música étnica, a contemporánea, a improvisación libre, o jazz, o hardcore…

Trilitrate fórmase en Vigo no ano 2012 pola violinista Elena Vázquez (Cuarteto Dumka, Suelen Estar Quartet, Peña), Marcos Padrón ao acordeón (Orquestra O.M.E.Ga, Cuarteto Caramuxo) e por Rubén Abad na guitarra e voz (Cró!, Es Un Árbol, Guerrera, Peña). No 2013 incorpórase a videoartista Laura Iturralde e realizan a gravación do seu primeiro disco: “Faláchesme na Man”. Eloxiado por crítica e público, impúlsaos a uns 2014 e 2015 frenéticos de festivais, actuacións e colaboracións.

O seu exuberante talento e orixinalidade culmina a finais do 2016 coa publicación de “Frutal Death”, segundo longa duración da banda. Os catro integrantes propuxéronse aquí sobrevoar para despois destruír todos e cada un dos estilos, acadando unha liña única aderezada por un salvaxe sentimento de independencia. Actualmente, e tralo ingreso de Montse Piñeiro (debuxante, escenógrafa, iluminadora e animadora de stop-motion, premio María Casares 2018 á mellor escenografía) como nova xeradora da arte visual, atópanse embarcados na presentación do seu terceiro disco: “Está de Grelo”.

Elixa a data para comprar un tícket

Datas
Calendar
Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo