Taller de debuxo de tiburóns

Dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos de idade.

O Aquarium Finisterrae organiza un taller para aprender a debuxar tiburóns con motivo do aniversario da entrada do tiburón touro Gastón ao Nautilus, o 24 de maio de 2006.

Esta actividade, enmarcada nos actos de celebración do 25 aniversario do Aquarium Finisterrae, realizarase o sábado 25 e o domingo 26 de maio, en horario de 12:00 a 13:30 horas.

Para participar hai que adquirir a entrada previamente, abonando a tarifa que corresponda a cada menor, que deberá ir acompañado dunha persoa adulta (esta terá acceso gratuíto). Ofrécense un total de 15 prazas cada día e está dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos.

O taller será impartido por Blanca Orro Toral, artista coruñesa autora da pintura dunha quenlla branca de 2 x 1,5 metros que está instalada no acceso á sala Nautilus do Aquarium Finisterrae

Elija la fecha para comprar un ticket

Fechas
Calendar
Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Domingo